O Lebor Gabála Érenn é un compendio manuscrito de poemas e prosa que pretende narrar a construción nacional irlandesa como a suma das distintas invasións dende a súa creación até o século XI, data na que está escrito.
Conta como Irlanda foi conquistada 6 veces por 6 invasores distintos:
- O pobo de Cessair
- O pobo de Partholón
- O pobo de Nemed
- Os Fir Bolg
- Os Tuatha dé Danann
- Os Milesios
Opinións
Hoxe en día a meirande parte dos estudiosos defenden que o libro das invasións contén máis de mito que de historia real. Maiormente parece estar baseado en pseudohistorias cristiáns da Idade Media pero incorpora a estas algunhas das tradicións pagás nativas de Irlanda
No hay comentarios:
Publicar un comentario