viernes, 7 de octubre de 2016
Os anais dos catro mestres (Annála na gCeithre Máistrí)
Os anais dos catro mestres son unha compilación de anais
jueves, 6 de octubre de 2016
Cessair ou Ceasair
Liderou os primeiros colonos. Era neta de Noe, filla de Bith e Birren e esposa de Fintan. Liderou un grupo de 50 mulleres e 3 homes (o seu pai, o seu irmán e o seu marido) que se asentaron en Irlanda para escapar do Diluvio xa que (aparentemente) non había sitio no arca para eles. Os homes que a acompañaban eran Bith (o seu pai e o fillo de Noe), Fintan (o seu marido) e Ladra (o que pilotaba o barco). Tivo un fillo con Fintan (Lara). A meirande parte dos poboadores morreu durante o Diluvio (includo Cessair).
Podemos ler nos anais dos catro mestres:
2242 AM (Anno Mundi)
Forty days before the Deluge, Ceasair came to Ireland with fifty girls and three men; Bith, Ladhra, and Fintain, their names. Ladhra died at Ard Ladhrann, and from him it is named. He was the first that died in Ireland. Bith died at Sliabh Beatha, and was interred in the carn of Sliabh Beatha, and from him the mountain is named. Ceasair died at Cuil Ceasra, in Connaught, and was interred in Carn Ceasra. From Fintan is named Feart Fintain, over Loch Deirgdheirc.
40 dias antes do Diluvio, Ceasair (Cessair) veu a Irlanda con 50 mulleres e 3 homes: Bith, Ladhra e Fintain era os seus nomes. Ladhra morreu en Ard Ladhrann e por el puxoselle o nome. Foi o primeiro que morreu en Irlanda. Bith morreu en Sliabh Beatha, e foi soterrado no carn de Sliabh Beatha, e por el a montaña foi chamada. Ceasair morreu en Cuil Ceasra en Connaught, e foi soterrado en Carn Ceasra. Por Fintan nomeuse Feart Fintain (A tumba de Fintain), sobre Loch Deirgdheirc (hoxe en dia chamado Lago Dergh ou Lough Der)
Referencias:
Lebor Gabála Érenn: The Book of Invasions §26-38: The Invasions of Cessair and of Partholon
O libro das invasións Lebor Gabála Érenn
O Lebor Gabála Érenn é un compendio manuscrito de poemas e prosa que pretende narrar a construción nacional irlandesa como a suma das distintas invasións dende a súa creación até o século XI, data na que está escrito.
Conta como Irlanda foi conquistada 6 veces por 6 invasores distintos:
- O pobo de Cessair
- O pobo de Partholón
- O pobo de Nemed
- Os Fir Bolg
- Os Tuatha dé Danann
- Os Milesios
Opinións
Hoxe en día a meirande parte dos estudiosos defenden que o libro das invasións contén máis de mito que de historia real. Maiormente parece estar baseado en pseudohistorias cristiáns da Idade Media pero incorpora a estas algunhas das tradicións pagás nativas de Irlanda
Conta como Irlanda foi conquistada 6 veces por 6 invasores distintos:
- O pobo de Cessair
- O pobo de Partholón
- O pobo de Nemed
- Os Fir Bolg
- Os Tuatha dé Danann
- Os Milesios
Opinións
Hoxe en día a meirande parte dos estudiosos defenden que o libro das invasións contén máis de mito que de historia real. Maiormente parece estar baseado en pseudohistorias cristiáns da Idade Media pero incorpora a estas algunhas das tradicións pagás nativas de Irlanda
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)